Arquivo

domingo, 20 de mayo de 2012

Aulas dende o Caserio de Munin ( 1 )

Ano 2012 segunda etapa ( 1 )






Pedindovos desculpas pola tardanza en colgarvos as fotos, pasámosvos en estas imáxenes todo un sentimento á aventura. Non fora doada esta segunda etapa porque sorprendéranos unha forte e densa néboa que obligóunos a voltar a sacar os chubasqueiros cando prometía un dia sen choiva.

Mais pésie a todo, os que nos xuntamos en Mouráz  achegámonos a Bares coa camaradería e sentimentos acostumados que sempre son o factor común das nosas inquedanzas para ir sentando unha cada vez mais forte compenetración entre os que sentimos como noso este ancestral camiño e que hipotecamos a nosa vida a prol da recuperación e dignificación do noso patrimonio que por lei nos pertenece a tódolos galegos.

Nestas fotos sen comentarios, tedes a testemuña que está asentado ano tras ano este roteiro polas altas cumes da Faladoira e Coriscada , e que nada vai impedir que o siguamos facendo coa idea da sua posta en valor.

Por todo isto emplazámosvos a seguir estas coordenadas que andamos a transmitivos dende este blog, dende os grupos na rede da LIGA ou da PLATAFORMA e dende logo , na WEB que arestora están construindo os nosos irmáns da PLATAFORMA que dentro de pouco tempo verá a luz.

Veña, a seguir soñando cun pais liberado que soubo recuperar as suas cousas!!! o noso!!!

Ano 2012 segunda etapa ( 2 )

Ano 2012 segunda etapa ( 3 )

Ano 2012 segunda etapa ( 4 )

Ano 2012 segunda etapa ( 5 )

Segunda etapa 2012. ( 6 )