Arquivo

domingo, 15 de mayo de 2011

Roteiro 2011 , Primeira etapa . 1 parte






Un ano máis retomámoslle o pulso o noso CAMIÑO DOS ARRIEIROS, voltando a face-lo, como sempre en duas etapas.
AVISO.- A segunda etapa dende o Mouraz ate Bares será o vindeiro dia 4 de Xuño. Estade atentos á hora de saída.
Pois ben, queridos amigos : nesta primeira etapa, confluímos 15 persoas ( algunhas engadíronse a metade-final do percorrido) ben provistas de larpeiradas como podedes ollas nas fotos, amizade, moita amizade, camaradería e bó humor... xuntámonos xentes de Santiago, Coruña, por suposto, das Pontes, ... e pasámolo pipa.
Como novidade, engadímoslles o percorrido pequenas rutas novas para millora-lo e alonxalo das estradas asfaltadas.
Non queremos proseguir sen felicitar ós irmáns da PLATAFORMA EN DEFENSA DO PATRIMONIO DAS PONTES, xenuinos convocantes do evento, polo seu xeneroso e intelixente traballo a prol de evolucionar esta ruta ancestral; eles miraron, investigaron e trazaron rutas accesas que foron esa rotunda novidade agardada e que valerá para irmos evolucionando cara facer atractivo este sendeiro que , polos seus moitos temas que contén ( arqueoloxía, botánica, etc) faráse tremendamente necesario para o ensino nos vindeiros anos.
Foron 26 km de rota, sempre incansable e rota nalgun intre para boterlle unhas verbas ou uns tragos ... de auga, ou as necesarias paradas técnicas... mais coma o derradeiro ano, foron 26 km e 8 horas de armonía, camaradería e bó humor.

Roteiro 2011 , Primeira etapa . 2 parte







Segundo e Terceiro tramo.- Paseniñamente imos subindo a costa, deixando atrás GARABATOS para enfilar a CRUZ DO BAÑAL, onde subimos cara o marco blanco que nos fai de referencia cara o sendeiro que nos vai levar a bisbarra do Caxado.

Roteiro 2011 , Primeira etapa . 3 parte







Terceiro e Cuarto tramo.- Abandoamos os sendeiros que nos circunscriben o Caxado, e o atravesamos... esta vez ... ATENCIÓN!! polo propio e recuperado CAMIÑO DOS ARRIEIROS.

Roteiro 2011 , Primeira etapa . 4 parte







Cuarto e quinto tramo.- Batemos cunhas bestas na estradiña o Rego de Ouro!!, polo demáis seguimos estrenando variantes moi aceptables do Camiño que nos alonxen das estradas e do propio asfalto... pouco a pouco vaise tornando atractivo o face-lo.

Roteiro 2011 , Primeira etapa . 5 parte







Chegamos o tramo sexto, onde enfilamos a longa recta do Vidueiro, investigando os tumulos que fican o carón dos crestóns da SUAPENA; descubrindo unha nova falcatruada dos de sempre, o levarse por diante unha das nosas cruces. Seguimos investigando e propoñendo novas variantes que resulten máis atractivas como a que estrenamos no Rego de Ouro, onde fica a nosa querida cruz do Chan de Armada, a entrada dun recinto especial, moi especial.

Roteiro 2011 , Primeira etapa . 6 parte







Finalmente chegamos o Forno dos Mouros, Cristo da Faladoira e o célebre Monte Faladoira onde hai tempo ficaban 6 tumulos; de seguido collimos cara o Candedo e o tramo final cara o Cristo do Mouraz. Tivemos bó tempo e millor final debullando uns liscos de xamón, queixo e liquido elemento no xá celebre bar das cercanías; agora que se hai que ser xustos, tiveramos unha cativa merenda onde hai anos sentabanse os catro cregos das catro parroquias tamén para xantar e para parolar ou arranxar as liortas e problemas de canda seu eido, mais non no seu emplazament orixinal, hoxendía despreciado , senón na artística, espaciosa e grande mesa de pedra que simboliza o feito dos catro curas, e que forma parte do "cercado recreativo" que tiveron a ben de deseñar e colocar, mais sen importarlles nada de paso de arranxa-la pedrafita que dera nome e sona aquel ancestral cruce de camiños.
Tamén temos que dicer que a nosa pedrafita está quedando cada dia máis desvalida; agora leváronlle as cadeas que a protexían. De seguro calquer dia ven aquel home que dixera: " Mecajoen... calquer dia veño con o meu camion e a levo deiquí!!!"
En verdade, queridos amigos, temos o pais que merecemos???