Revitalización e posta en valor do ancestral e histórico camiño que escribíu a historia económica e social do noroeste peninsular.
Arquivo
domingo, 20 de mayo de 2012
Ano 2012 segunda etapa ( 1 )
Pedindovos desculpas pola tardanza en colgarvos as fotos, pasámosvos en estas imáxenes todo un sentimento á aventura. Non fora doada esta segunda etapa porque sorprendéranos unha forte e densa néboa que obligóunos a voltar a sacar os chubasqueiros cando prometía un dia sen choiva.
Mais pésie a todo, os que nos xuntamos en Mouráz achegámonos a Bares coa camaradería e sentimentos acostumados que sempre son o factor común das nosas inquedanzas para ir sentando unha cada vez mais forte compenetración entre os que sentimos como noso este ancestral camiño e que hipotecamos a nosa vida a prol da recuperación e dignificación do noso patrimonio que por lei nos pertenece a tódolos galegos.
Nestas fotos sen comentarios, tedes a testemuña que está asentado ano tras ano este roteiro polas altas cumes da Faladoira e Coriscada , e que nada vai impedir que o siguamos facendo coa idea da sua posta en valor.
Por todo isto emplazámosvos a seguir estas coordenadas que andamos a transmitivos dende este blog, dende os grupos na rede da LIGA ou da PLATAFORMA e dende logo , na WEB que arestora están construindo os nosos irmáns da PLATAFORMA que dentro de pouco tempo verá a luz.
Veña, a seguir soñando cun pais liberado que soubo recuperar as suas cousas!!! o noso!!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario