Arquivo

sábado, 8 de mayo de 2010

Roteiro 2010. Segunda Etapa.


Roteiro 2010. Segunda Etapa. INTRODUCCIÓN








Con duas semáns de retraso colgamos os feitos e sucesos varios desta segunda etapa do roteiro polo noso mítico Camiño dos Arrieiros:
a colocación da pedra do Miraz,
a Mámoa de Barreiros, a primeira vista da Capelada,
a sensación do mar que che envolve, o barreño de auga camuflado,
o xantar no cristo esnaquizado, o museu da Pena Blanca,
oteando os pinchos do Picón dende a pena histórica do Chan da Caldeira
as palabras dadas na Chaira do Tesouro
os interiores do enorme povoado do Caserío de Munín
as palabras que pronunciaron os nosos compañeiros diante dos sitios emblemáticos do Camiño,
o propio camiño que nos fixo soñar ,
o coñecernos,
as fotos de Hugo Arias, que ilustran moitas pasaxes destas entradas.
a experiencia de Xose Maria e o grupo da Defensa do Patrimonio das Pontes
o paciente conductor do bus
o interese de Carmen de Hume
a paciencia o atravesar-la mina
a paciencia o non irlle a chepa ó coñecedor do camiño por non agardar os da retaguardia
a paciencia polos erros no Campelo
e sobre todo, a chegada a praia de Vares... toda unha antoloxía, todo un poema sen escrita.
Alí a paciencia quedóu reconvertida
en moitos pés libres de ataduras camiñando pola area
ou pola auga
E os cañóns de cervexa que tomamos alí para celebrar o encontro!!!
Dende a Liga Céltiga Galaica queremos agradecer a Asociación pola Defensa do Patrimonio das Pontes os seus desvelos, traballo, interese e xenerosidade; témosvos que decir, irmáns, que sodes os millores compañeiros que calqueira pode atopar!!
Tamén é para agradecer o interese posto por todas e todos os que viñeron a percorrerte, meu querido Camiño dos Arrieiros, porque sabemos que tés novos amigos que velarán nese futuro incerto polo teu porvir e que o teu exemplo nunca, nunca sexa esquecido.
A todos que puxeron o millor de sí - acordámonos especialmente de tí, Hugo Arias, creador de imáxenes!!- para o interese colectivo.
Por todos vós vai o noso agradecemento!!
No nome do noso povo...
Moitísimas grazas por estar ahí!!

As segundas partes sí que foron boas

Roteiro 2010. Segunda Etapa. Tramo 11





Escomenzando no Cristo de Mouraz, onde simbólicamente endereitamos a histórica pedra, partimos cara o mar subindo a costa dos Muros de Chao. O dia antollábasenos fermoso e asi foi o longo deses 27 km dun dia no que o sol saléu cando lle parecéu e a camiñada soportóuse ben.

Roteiro 2010. Segunda Etapa. Tramo 12














a enorme Mámoa de Barreirio nos dá o paso cara o Pico da Coriscada, e iste a sua vez, o camiño cara o Cruce de San Pedro

Roteiro 2010. Segunda Etapa. Tramo 13 (a)














Da Coriscada o Cruce de San Pedro... xa sabedes... onde fan esas pizzas tan sabrosas no Valeo.


Roteiro 2010. Segunda Etapa. Tramo 13 (b)













Túmulos recuperados: o chamado "pozo da enerxía" , cráter de violación (1) é enorme. Seguimos viaxe ate o Caserío de Munín, que reclamamos como futuro Centro de Interpretación do Camiño dos Arrieiros.


Roteiro 2010. Segunda Etapa. Tramo 13 (c)











Palabras no Caserío de Munín




Roteiro 2010. Segunda Etapa. Tramo 14 e 15 (a)












Xantar o pé do cruceiro esnaquizado do Cristo da Pena Blanca, subida o mítico monte da Pena Blanca e palabras o carón do seu túmulo máis emblemático.



Roteiro 2010. Segunda Etapa. Tramo 14 e 15 (b)












Despóis das palabras o carón do Forno dos Mouros seguimos pola chaira do Monte Blanco para ir baixando cara a pista , a rentes do Camiño Primitivo ...



Roteiro 2010. Segunda Etapa. Tramo 16 (a)













Chegamos o punto do traxecto onde deixamos definitivamente as altas cumes e iniciamos unha baixada cara o val de Mogor, rumbo a Península de Vares.

Na foto 1, momentos antes de chegar o cruce (o identificaredes con as antenas que fican na sua entrada). Alí tíñamos apostada unha garrafa de auga para repostar.
De seguido , iniciamos a baixada por sendeiros marcados (2,3) ate chegar a confluir con a estrada xeral de Viveiro-Ortigueira, que atravesaremos para ir cara o val de Mogor(4,5) polo Vilar, as Insuas, etc.