Arquivo

viernes, 7 de mayo de 2010

Roteiro 2010. Segunda Etapa. Tramo 16 (b)












O tramo da baixada poderia estar moito millor, pero é o que hai. Así que a rentes de Lamacido, chegamos a estrada xeral.



Roteiro 2010. Segunda Etapa. Tramo 17 inicio












Deixando atrás a pista, atravesamos a estrada Viveiro-Ortigueira e adentrámonos no corazón de Mogor ate bater coa sua Igrexa. Daquela collemos xá ate o alto do Barqueiro.



Roteiro 2010. Segunda Etapa. Tramo 17











Dende a Igrexa de MOGOR imos avanzando cara a parte alta do Barqueiro, para coller unha estradiña -detrás dunha casiña marela- que nos levará o Instituto. Daquela iamos un pouco disparados e algunha xente rezagóusenos , mais todo pódese arranxar cunha paradinha.
Daquela chegáramos o pé da entrada da mina...




Roteiro 2010. Segunda Etapa. Tramo 17 (a)













Aunque non atravesamos a mina-somentes a rodeamos- a ruta asemade de ser unha ruta siniestra, tórnase dura porque aparécesenos en plena subida un firme de area que nos vai cantando todo o camiño.


Roteiro 2010. Segunda Etapa. Tramo 17 (b)













Saíndo da mina empatamos co Camiño Real do Barqueiro ate a Chaira do Tesouro, no que únese o Camiño dos Arrieiros


Roteiro 2010. Segunda Etapa. Tramo 18 (a)












Momentos antes de emprender a subida a mítica Chaira da Caldeira, fogar dos nosos ancestros; tiveramos un turno de palabras e de acougo na sua base do Campo do Tesouro.
Fantástica foto de Hugo, a numero 3. Nela podedes ollar o Camiño dos Arrieiros que subre en oblicuo a aba do alto da Caldeira, empatando co cortalumes a medio camiño.


Roteiro 2010. Segunda Etapa. Tramo 19














Boas vistas dende o Chan da Caldeira das agullas de Loiba, e a visita a mítica pedra-sinalizadora da Chaira. Boas fotos as duas superiores de Hugo, como sempre.

Roteiro 2010. Segunda Etapa. Tramo 20











Prosperando a través da enorme Chaira da Caldeira, un auténtico museu fosilizado do pasado, chegamos o Facho Maeda, parente da Garita de Hebeira na Capelada. Antergos pioneiros dos faros, sinalizabanse a través de fogatas ou outros elementos que foron evolucionando co tempo.
Daquela no Facho Maeda fixeramos un pequeno descanso, cara emprender a baixada cara o mar.




Roteiro 2010. Segunda Etapa. Tramo 21












Avanzando a través dos eucaliptais do monte Campelo...


Roteiro 2010. Segunda Etapa. Tramo 21 (a)













Momento histórico e definitivo en todo camiño histórico: a chegada.
A pista de repente troca a sua forma e convértese nun sendeiro que avanza e baixa suavemente cara a praia...