Arquivo

martes, 9 de marzo de 2010

TRAMO A TRAMO (TRAMO 4.0 - O Bañal - Uceira)









Dende que iniciemos a marcha, aló nas Pontes , non atoparemos nengún tropiezo ate o cruce do Cristo do Bañal. Unha vez alí, cruzaremos a estrada, e na parte contraria ( bó sitio para aparcar se queres ( foto 2 ) ir e voltar!) abandonaremos definitivamente o asfalto para subir (1 e 3 ) polo segundo camiño que atoparemos enfrente (1) ate o peche de arame (foto 4) que podedes franquear pola sua mitade.

TRAMO A TRAMO (TRAMO 4.1 Bañal - Uceira)












Velahi van algunhas referencias para o escomenzo do camiño:
foto 1.- chegamos o alto, non figurando o camiño moi claro: recordade a referencia da pena blanca.
foto2.- O inicio, atopámonos cunha primeria barreira de arame, que resulta doada de atravesar polo medio.
foto 3. e 4 - Importante. Subida cara o primeiro poste, tendo como referencia ese montículo que fica na sua bisbarra. Notade a claridade do camiño.
5.- No medio do prado de subia hai que desviarse a dereita pola sua mitade para enlazar nun cruce de camiños co orixinario que sube cara os postes do tendido eléctrico.
(os máis comodóns podredes seguir o prado ate o final!)



TRAMO A TRAMO (TRAMO 4.2 - Bañal - Uceira)














Unha vez arriba ( foto 1) buscaremos a pena branca que nos actuará como referencia (foto5), i escomenzaremos o camiño que como ( fotos 2, 3 e 4) vedes, non ofrece dificultade.

TRAMO A TRAMO (TRAMO 4.3- Bañal-Uceira)













Xá pasados (fotos 1 e 4) os derradeiros postes, empatamos con a pista que nos vai levar cara o final desta pequena, sinxela e agradable rota.


TRAMO A TRAMO (TRAMO 4.4 Bañal - Uceira)












Chegamos cara un cercado con o arame (fotos 4 e 5) tenso e con pouco marxe para o paso, pois temémonos que haia que pasa-lo pouco máis que reptando!!
Nesta derradeira fase do sendeiro, vedes que hai tramos embarrados , mais non hai problema en poder avanzar a través dos pinos.




TRAMO A TRAMO (TRAMO 4.5 - Bañal - Uceira)












Pasado o arame, xá non hai nada que vos impida acceder à zona da estrada xeral, pois ( fotos 1 e 2) está libre de pasos.
Chegados a estrada, colleredes a zona verde que tedes de seguido e a continuaredes ate o seu fin (3 e 4) tendo coidado con algún obstáculo como este pequeno buraco neste tramo (foto5)


TRAMO A TRAMO ( TRAMO 4.6 - Bañal - Uceira)













Xa por fin acabada a zona verde (2) , teremos que coller un pequeno tramo da (3) estrada xeral: xustamente 370 m, mais aconsellámos vaiades pegados ó arcén, porque é unha zona curva de pouca visiblidade.
O final bateremos co inicio da estrada cara a Uceira, Dá e o Deveso; a 20 m do seu inicio a mán dereita atoparemos unha cancela (4 e 5) , dende onde parte o camiño cara a aba do Caxado.