Arquivo

sábado, 13 de febrero de 2010

TRAMO 15 - 1 e 2 ( 2 km) O Galiñeiro-1






Nestas tres antigas fotos, feitas denantes da incursión das eólicas, temos constancia dos restos de asentamentos polas penas aliñadas que ficaban na sua cume. Hoxe, como vos podedes figurar, non queda nada. Acabaron con todo .
Non botemos a culpa a quén non a tén: a culpa a temos toda nós por non ter sido quén de croquizar, investigar , inventariar e divulgar estos achádegos a tempo. Agardo que estas perdas fagan sensibilizar os nosos investigadores, que hai que sair o monte e non quedarse na comodidade da casa para realizar innumerabeis traballos de campo que conleven a recuperación do noso patrimonio que queda.
Pero voltemos os tramos: neste quinceavo tramo situamos as terras entre a Pena Moura e o Galiñeiro.

TRAMO 16- 1 e 2 ( 2 Km) - Galiñeiro - Km 56 estrada Viveiro-Ortigueira



TRAMO 16.- GALIÑEIRO – KM 56 ESTRADA XERAL VIVEIRO - ORTIGUEIRA

Iniciamos a conquista do derradeiro outeiro desta longa cadea montañosa: O Galiñeiro. O Camiño dos Arrieiros baixa e sitúase a beira do camiño de terra que vai bordeando este outeiro ate o seu cruce coa estradiña asfaltada que sube dende o Barqueiro cara Mañón.

TRAMO 16- 1 e 2

TRAMO 16- 3, 4, 5 e 6 - Diferentes vistas do tramo do Camiño








4 fotografías de estudo xeral onde apreciamos (1 e 2 e 4 )en primeiro término os lugares por onde pasa o Camiño dos Arrieiros a esquerda do Galiñeiro e a maxestuosa porte da edigmática Chaira da Caldeira, antesá da Peninsula de Bares.


TRAMO 16- 7, 8, 9, 10 e 11 - Dende o Galiñeiro ate o repetidor













foto 1.- Nesta vista xeral, vemos a esquerda a unión das duas estradiñas: a nosa de terra e a que vai dende O Barqueiro a Mañón polo interior. No fondo , na zona arbolada apréciase o punto onde situamos as tres mámoas , lugar de referencia do Camiño dos Arrieiros.
foto 2.- Imaxe do Camiño dos Arrieiros que vai á altura do Galiñeiro, unha vez que se situa na dus esquerda, discurre parello e o carón da estrada de terra antes de internarse cara o monte cara as tres mámoas.
foto 3.- Chairiña interior perto das mámoas.
foto 4 e 5 .- O repetidor fica o carón da estradiña asfaltada que sube dende O Barqueiro a Mañón.
Ben, preséntasenos duas alternativas para baixar a estrada Viveiro-Ortigueira e deixar definitivamente esta cadea montañosa que nos véu acompañando dende que saíramos das Pontes:
A primeira e máis doada: baixar pola estradiña asfaltada que nos vai deixar no Barqueiro, e unha vez alí , dirixirnos cara o Instituto , onde colleremos a estrada de subida cara a mina de Cañoles.
A segunda, máis fiel co camiño pero máis complicada, posto que o camiño como tal desaparece entre a maleza e teremos que baixar collendo sucesivos ramais de cortalumes, sendeiros e pistas, que nos deixará o pé do Montedónigo.

TRAMO 16- 12, 13, 14 e 15. Dende o repetidor ate as mámoas.








Diferentes imáxenes do curto camiño que andaremos dende o repetidor cara o fondo , onde fican as mámoas de referencia por onde pasaba o Camiño dos Arrieiros. Ampliamos de novo o explicado na entrada seguinte, para que vos quede clara esta parte.


TRAMO 16- 16, 17, 18 e 19 Baixando por sendeiros









Chegando a zona onde o Camiño dos Arrieiros abandona a Serra e baixa cara a chaira de Mogor, no Barqueiro, e si queremos ser fieis o seu percorrido, continuaremos a través de accesos paralelos (sendeiros, cortalumes, pistas), que ollaredes nesta e na seguinte entrada.
foto 2.- Unha vista xeral do descenso, no fondo pode apreciarse Mogor, e no medio atópase a estrada Viveiro-Ortigueira
foto 3.- Pista que empata coa estradiña asfaltada que baixa directamente ó Barqueiro.
foto 4.- Unha das pistas de baixada.
Foto 1.- Cecáis sexa a máis importante, que nos pode servir de referencia; fixádevos: xusto canto empatan a estrada de terra pola que vai o Camiño e a estradiña asfaltada que vai a Mañón, ollamos a nosa esquerda un repetidor. Adentrándonos por él e profundizando (foto) ate o fondo, sitúanse tres potentes mámoas. Ese é precisamente o punto inicial onde o Camiño dos Arrieiros escomenza a sua baixada cara os vales.