Arquivo

viernes, 4 de noviembre de 2016

TRAMO 10.- PEDRAFITA DO CRISTO DE MOURÁZ

Escomenzamos pola milenaria Pedrafita de Mouraz recuperada, despois de varios anos ninguneada.
Efectivamente, a fiel guardiana do histórico cruce que empataba o Camiño dos Arrieiros cos asentamentos da sua bisbarra. fora esnaquizada e apartada do seu habitual emplazamento; namentras o seu carón montaran un centro recreativo, que a dia de hoxe está a selva.
Permanece intacta, agás recortada en altura: dos 164 m pasaron a ser 120m!!!

Mais, recordemos como era antes, hai 25 anos....

COORDENADAS:
Latitude: 43 37 6 86 N
Lonxitude: 7 47 3 01 W
Altura nivel do mar : 392 m
Daquela , vinte anos atrás;  despois da emoción que resultara tela descuberto, a croquizáramos e a  puxéramos en valor como un elemento de primeiro orde dos moitos que un dia sinalizaron o Camiño dos Arrieiros.

Tedes máis información deste mobiliario neste mesmo blog. Non tedes máis que mirar no seu correspondente arquivo.


Querida xente: Despois de varios anos de silencio , imos retomar de novo  este blog, actualizando tanto o mobiliario como os tramos existentes  como aportándovos novos descubrimentos neste milenario Camiño dos Arrieiros cheo de historia. 

miércoles, 30 de mayo de 2012

Sons Céltigos no Mar de Bares ( 4 ) a despedida!!!



... E REMATAMOS!!! rematamos con a tempada 2012 do CAMIÑO DOS ARRIEIROS. Pasámolo pipa, coñecimos nova xente, profundizamos con os nosos... para nós foi abraiante e fermoso... O tempo? que estivo malo?... home...! pero habendo bon feeling e gañas , calquér tempo é bó. Ainda de non levar caña , ben poidemos coa auga e coas garrafas deitadas a medio camiño.
Sonvos moitas anécdotas, moitas vivencias recollidas nas fotos que contén esta reportaxe, mais o millor, o máis maravilloso foron os rapaces da PLATAFORMA EN DEFENSA DO PATRIMONIO DAS PONTES. CANTO MÁIS. Só eles déronlle sentido e sabor a estas duas xornadas. De feito, se o poidesen ver os ARRIEIROS que por alí andiveran, levaríanse un alegrón esbozada nun sonriso de orella a orella!!!
Mais nada. Ate pronto e agardamos que no vindeiro ano os que vindes o siguades facendo, e os que non viñechedes nunca, pois  gostarianos contar con vós. Veña, ate cando queirades. O camiño estará sempre ahí, a vosa disposición... e nós... tamén!!

Sons Céltigos no Mar de Bares ( 3 )



Terceira e curta montaxe doutro excelente intre do Festival fronte o Mar de Bares, no Semáforo.

Sons Céltigos no mar de Bares ( 2 )



Polo mar abaixo vai unha sardiña.... voltamos de troula ó Facho Maeda de novo!!

Sons Céltigos no Mar de Bares ( 1 )

Celebración no final do Camiño, no Porto de Bares