Arquivo

viernes, 7 de mayo de 2010

Roteiro 2010. Segunda Etapa. Tramo 20











Prosperando a través da enorme Chaira da Caldeira, un auténtico museu fosilizado do pasado, chegamos o Facho Maeda, parente da Garita de Hebeira na Capelada. Antergos pioneiros dos faros, sinalizabanse a través de fogatas ou outros elementos que foron evolucionando co tempo.
Daquela no Facho Maeda fixeramos un pequeno descanso, cara emprender a baixada cara o mar.




Roteiro 2010. Segunda Etapa. Tramo 21












Avanzando a través dos eucaliptais do monte Campelo...


Roteiro 2010. Segunda Etapa. Tramo 21 (a)













Momento histórico e definitivo en todo camiño histórico: a chegada.
A pista de repente troca a sua forma e convértese nun sendeiro que avanza e baixa suavemente cara a praia...


Roteiro 2010. Segunda Etapa. Tramo 21 (b)














Descalzarse, meter os pés na auga... andar pola praia... en dez minutos... curados!!
... e tomarlle un "cañón" no bar da praia, unha enorme xarra de cervexa para curar outros males, falar e ficar... ficar e falar...
Atrás quedóu o Miraz, a Coriscada, a Pena Blanca... e alén , o Caxado, o Forno dos Mouros, as cruces míticas... o Camiño dos Arrieiros.
Diante fica o coído, o ancestral peirao da mítica vila de Vares.
O roteiro finóu, mais prometemos voltar.
Foron moitas vivencias entre nós, demasiadas para contar...
Eis o Camiño dos Arrieiros. Un anaco da nosa historia.
Grazas a todas e a todos por vir, por compartir connosco as nosas penas e desexos, e dalgún xeito, ... de facer historia.
FIN

martes, 20 de abril de 2010

SEGUNDA ETAPA: CRISTO DO MOURAZ - O COIDO DE VARES



Chegamos a segunda etapa coa que pechamos un ciclo. Nestas Xornadas que abarcaron estes dous roteiros tivemos unha visión xeral tanto do estado do Camiño como do enorme e rico patrimonio da sua bisbarra. Agora queda resolutar e valorar o visto para emprender as accións que consideremos oportunas emprender. O que temos moi claro é que non imos satisfeitos nin de cómo se valora este patrimonio polos seus responsabeis, nin que este patrimonio vai seguir sobrevivindo nestes anos onde é realmente moi facil desacerse do mesmo sen deixar rastro, amparándose na desmemoria histórica.

Mais vaiamos por partes; non vos parece?... imos definir tramo por tramo o resto do camiño, para dar esa ideia necesaria desta segunda etapa... a chegada o mar!! :


TRAMO 11.- OS MUROS DE CHAO.- 2 Km


No cruce do Cristo do Mouraz seguiremos recto escomenzando a subida do Serrón ate o Carranco para chegar Ós Muros de Chao, unha extensa zona chairada, (515 m) na que teremos unha expléndida vista da Capelada e o seu entorno marítimo; hoxendía desdibuxada pola reconversión total do lugar en un enclave eólico, desaparecendo aqueles fortes e antergos restos dos muros que configuraban esa chaira.
.

TRAMO 12.- A CORISCADA .- 3,5 Km


Atravesando a estradiña de Caión o Viduido, baixaremos por un pinar ateigado de penas e pedrafitas, restos de asentamentos e cultos primitivos, ate chegar a estradiña asfaltada a Xorres, que desandaremos ate a Mámoa de Barreiros, que nos indicará o camiño que nos levará o alto da Coriscada. Os túmulos sucédense, e aunque esnaquizados, pódese intuír a sua grandeza e importancia noutrora.
Como alternativa temos unha pista a dereita pouco antes de subir ó alto de Muros de Chao que nos leva directamente a Mámoa de Barreiros.

Bordeando a Coriscada, baixaremos entre túmulos tendo a nosa dereita, ou ben coincidindo o camiño primitivo , (Ramisquiado) ate chegar cruce da estrada que dende Ortigueira sube polo Baleo cara Mañón. Alí ficaban algúns letreiros interpretativos do Camiño dos Arrieiros, hoxe desaparecidos. Neste Cruce de San Pedro ollaredes importantes restos tumulares.


TRAMO 13 . MONÍN.- 3 Km


Seguindo recto a pista de terra de enfrente, imos subir parellos o Camiño Primitivo que fica intransitable á nosa dereita. Os túmulos siguen aparecendo ás beiras destes primeiros metros. O Camiño vai subindo ate discurrir polas suas abas os outeiros que atoparemos a nosa dereita. Os muiños eólicos vánnos acompañar xá ate o final desta Serra. O final, este aburrido traxecto cambia coa aparición do imponente e abandoado Caserío de Munín, que atoparemos pouco despóis de pasar a estación eólica, e que reinvindicamos a sua recuperación como Centro Interpretativo.
Un chisquiño mais adiante colleremos a dereita unha pista que nos levará a un cruce de camiños nunha chaira especial, onde ficaba un fermoso cruceiro, hoxe esnaquizado, a poucos metros dunha fonte. O paso a Pena Blanca fica aberto., pois o cruceiro esnaquizado do Cristo da Pena Blanca indicarános o camiño.


TRAMO 14. A PENA BLANCA.- 2Km


Subiremos polo Camiño Primitivo ate un forte afloramento pétreo e seguiremos atravesando este lugar enigmático e histórico. A Pena Blanca (386m) é un museo abandonado . Importantes mámoas , camiños confluintes, e outros restos tumulares recórdanos a sua anterga importancia, igual que o outeiro seguinte, a Pena Moura (333 m), mais eiquí todo fica eliminado o paso dos muiños. Acórdanos o noso descubrimento dunhas enormes penas alineadas neste lugar. O Camiño Primitivo cruza o monte e váisenos cara a nosa esquerda. Pola disposición das pedras chantadas en línea adiviñamos a importancia deste monte. Hoxe xa nada queda.


TRAMO 15 . O GALIÑEIRO – 1.- 2 Km


Retornamos á pista. Ollaremos que o Camiño vai xusto á esquerda da mesma. Colleremos un carreiro uns metros antes de empatar aquela coa estrada que vén de Mañón. Este carreiro levarános a empatar de novo co Camiño Primitivo á altura da Chaira das Mámoas do Salgueiro, que marca o punto inicial par a baixada definitiva do Camiño ate a chaira de Mogor.


TRAMO 16. O GALIÑEIRO-2 .- 2 Km


Partindo desde esta chaira, baixaremos por sendeiros parellos pois o Camiño Primitivo desaparece. Diste xeito seguiremos inicialmente unha vereda ate empatar cun cortalumes, que atravesaremos e continuaremos baixando por un camiño ate bater cunha segunda pista de terra que desandaremos cara a esquerda ate chegar a estrada xeral Viveiro-Ortigueira.


TRAMO 17 . MONTEDÓNIGO.- 2 Km


Chegando á estrada xeral, xusto enfrente, nos restos da anterga estrada, atoparedes un sendeiro que vos levará a aldeia de Barbeita cara subir o Montedónigo. Atravesándoo acabaredes a menos de 200 m da Igrexa de Mogor, que así convertiráse na nova referencia.
O Camiño Primitivo córtase definitivamente por varias causas: encharcamento do terreo, via ferrea e Mina. Polo tanto compre idear alternativas .
A máis audaz: botades a andar cara a Hermida de Santa Rosa. Alí hai un sendeiro que sube cara a mina. Atravesándoa (non aconsellábel) chegaredes a empatar co CR do Barqueiro.
A máis longa e turística: Dende o final da praia de Esteiro subiredes por un carreiro marcado cara a mina, e dalí iredes directamente o Camiño Real do Barqueiro.
A máis doada: Dende a Igrexa de Mogor iredes por pista asfaltada cara o Instituto do Barqueiro, e dalí a entrada da mina.


TRAMO 18. O CAMPO DO TESOURO.- 2 Km


Xusto na entrada da mina seguiredes –sin entrar nela para nada- a dereita un sendeiro que vos levará por pistas parellas á mina o CR do Barqueiro.
Seguindo o Camiño Real do Barqueiro, chegaredes a empatar co Camiño dos Arrieiros xusto no chamado Campo do Tesouro, noutrora lugar sagrado e tumular. Hoxe cheo de cortalumes i esquecemento.


TRAMO 19. O CHAN DA CALDEIRA.- 1 Km


Subiremos polo Camiño dos Arrieiros cara o Chao da Caldeira, importante campo de enterramentos de diversas épocas históricas, hoxe alterado por exaxerado ancheamento dos cortalumes e propensa a desaparecer pola futura ubicación dun Parque Eólico no seu seo.
Seguiremos a pista de terra que a atravesa cara o Facho Maeda, antigo lugar de vixiancia , irmán da Garita de Herbeira da Capelada.


TRAMO 20 . AS MAMOELAS.- 2 Km


Dende o Facho Maeda baixaremos ate atravesar a nosa dereita restos de enormes pedras entre as que destacaron duas mámoas, as Mamoelas, que fican un chisco apartadas do camiño e abandoadas. Como alternativa podedes desviarvos ate Vila de Bares collendo unha pista a mán esquerda antes da baixada cara a estrada xeral. Tedes unha fonte de boa auga a sua entrada.


TRAMO 21. O CAMPELO.- 2 Km


Ó chegar á estrada xeral de Bares ó Barqueiro colleremos a pista de terra que se nos presenta enfrente e que baixaredes a través dos eucaliptais que conforman o monte Campelo e que nos levará ate a Praia de Vares. Si o facedes dende a Vila de Bares, podedes baixar a praia de Vares a través de sendeiros que surdirán a nosa dereita ou bén pola sua estrada xeral.
Unha vez na praia, ollaremos a “Igrexa”: unha histórica lingoa de terra que separa o areal e que fora centro de culto ancestral, mansión romana e pequena hermida con cimiterio. Hoxendia é un ben patrimonial sen ningún tipo de protección.
Finalmente continuaremos a través da praia –ou pola estrada si hai marea alta- ate a antiquísima coelleira do porto, onde daremos por finalizado este roteiro que a través do interior acompañóunos cresteando as Serras da Faladoira e da Coriscada , subindo polas Penas Cañoles , indo polo enigmático Chan da Caldeira ate caer neste punto primitivo de referencia marítima cara a navegación que dende a idade do bronce ou en épocas anteriores intercambiara tantas e tantas experiencias con outros povos atlánticos.


... Bén!! Esto vai ser todo polo momento. Saudamos os camiñantes, e agardamos queden prendados tanto do que fora este Camiño Milenario como da sua historia.

Que teñades bó dia, boa saúde e folgos para camiñar... e sobretodo....

QUE TEÑADES BÓ VENTO!!!

sábado, 3 de abril de 2010

ESIXIMOS Ó CONCELLO DE MAÑÓN DIGNIFIQUE ESTA PEDRAFITA HISTÓRICA DO CRUCE DE MOURÁS






A Pedrafita do Cristo de Mouraz ( ou Mouras) é o histórico marco que separóu catro parroquias , catro historias perante tódala sua vida, e mesmo chamara os seus cregos para vir comer no seu pé .
Esta pedra hai séculos fora salvada de convertirse en cruz e reconvertéra-se pola sua utilidade, e hoxe, cando non fai falla, é rota e despreciada polos seus moradores que a teñen no seu lugar caída e abandoada sen reparar en amañala nin en dignificala como merece.
O que sí están facendo pola sua contra a poucos metros dela é construir unha grande área recreativa (fotos anteriores do roteiro) cunha grande mesa culminada por un monolito. Algo nunca visto no eido rural... un monolito!! ... cando desprecian a sua testemuña principal: a pedrafita que guióu os seus devanceiros perante séculos e séculos.
Acompañan a estas fotos un croquis feito in situ : todo este traballo fixérase hai quince anos, e dende aquela converteron aquelas sombras daqueles piñeiros, que deixaban pasar o Camiño dos Arrieiros no actual barrizal.
Nas fotos ollámola cun soporte coa grabación "M-1"; e por diante a modo de asento outras pedras; dise xeito sostívose a nosa amiga nos derradeiros decenios.
Meu Deus, que lle está pasando o meu país?
Imos para atrás acaso!!
Tanto queremos renunciar a ser povo diferenciado,! ... e renegar por tanto da nosa historia e de feito de nós mesmos!!

jueves, 1 de abril de 2010

Roteiro 2010. Primeira etapa. Tramo 0. A Saída.





Pasaban as dez da mañán e o tempo era bó; non amenazaba choiva e o vento amainara. Faltaban duas persoas e polo demáis estabamos tod@s. Os ánimos eran moi bós e habia moitas gañas de andar... ese Camiño Primitivo que tantos desexos suscita; cecáis o querer e non poder, porque para te-lo -como tóda-las cosas- hai que traballa-lo.
E así terá que ser; é un reto tanto para a xente das Pontes, como a de Mañón e resto do país. Un reto que iniciamos esa mañán do dia 27 de marzo do 2010, víspera do domingo de ramos, con bó ánimo e gañas de recuperar un eslavón máis da nosa historia.