Arquivo

jueves, 1 de abril de 2010

Roteiro 2010. Primeira etapa. Tramo 1 (a)













Suave subida saindo das Pontes ate o cruce de Garabatos.


Roteiro 2010. Primeira etapa. Tramo 1 (b)













Os grandes espazos abertos de Garabatos fánnos cambiar a rota.
Moito máis doada agás do forte repechón final. Paga a pena.


Roteiro 2010. Primeira etapa. Tramo 2












Seguimos pola bisbarra de Garabatos, todo un achádego; ó final subimos a costa e remontamos cara as Mámoas de Marraxón, para empatar coa estrada e coller o sendeiro que sube cara os postes da conducción eléctrica...



Roteiro 2010. Primeira etapa. Tramo 3












Unha vez arriba, enfilamos a ruta cara o Caxado sen contratempos, agás dun peche de arame que detuvo a marcha un anaquiño , mais nada pode contra 25 vizos@s andaríns.



Roteiro 2010. Primeira etapa. Tramo 4












Cecáis sexa o paso máis duro esa subida polo cortalumes pola aba do Caxado (1), para despóis ir a rentes dos derradeiros crestóns (2) ate bater con ese pinar agardado (3) para facer o acougo obligado antes de proseguir cara sortear os novos crestóns ( 4 e 5 ) que se nos van presentar antes de chegar á Cabana.



Roteiro 2010. Primeira etapa. Tramo 5













No lugar da Cabana tivemos que percorrer un bó treito da (1) estrada xeral para desviarnos cara o Chan de Armada a ollar unha cruz (2) ancestral -outra célebre cruz no Camiño dos Arrieiros-, para darnos un respiro e xantar nun pinar ben abeirado, onde non faltóu o toke final da nosa música espiritoal.
Seguindo camiño, achegámonos a pista que baixa o caserón das Eiroas para remonta-la e pasar o carón dunha nova cruz (devolta ó seu sitio orixinal por fin!!) (5), para baixar definitivamente á estrada xeral cara o Bidueiro.
Deixamos o Concello das Pontes para meternos no de Mañón.

Roteiro 2010. Primeira etapa. Tramo 7 (a)












No lugar (1) de "Mámoas" fica o enorme campo de túmulos comandado polo grandioso "Forno dos Mouros", misteriosamente rozado e limpo. Subindo cara o seu curuto (2) " o poso da enerxía" chámanlle os nativos á parte superior violada das mámoas.
Despóis das fotos de rigor, o noso amigo e compañeiro Marcial, arqueólogo; dános as oportunas explicacións non só da cultura das mámoas , senón en xeral explicóu con tino unha serie de factores que se tiveron en conta tanto na construcción como no desenrolo das inhumancións nos periodos antigos.