Arquivo

martes, 9 de marzo de 2010

TRAMO A TRAMO (TRAMO 4.2 - Bañal - Uceira)














Unha vez arriba ( foto 1) buscaremos a pena branca que nos actuará como referencia (foto5), i escomenzaremos o camiño que como ( fotos 2, 3 e 4) vedes, non ofrece dificultade.

TRAMO A TRAMO (TRAMO 4.3- Bañal-Uceira)













Xá pasados (fotos 1 e 4) os derradeiros postes, empatamos con a pista que nos vai levar cara o final desta pequena, sinxela e agradable rota.


TRAMO A TRAMO (TRAMO 4.4 Bañal - Uceira)












Chegamos cara un cercado con o arame (fotos 4 e 5) tenso e con pouco marxe para o paso, pois temémonos que haia que pasa-lo pouco máis que reptando!!
Nesta derradeira fase do sendeiro, vedes que hai tramos embarrados , mais non hai problema en poder avanzar a través dos pinos.




TRAMO A TRAMO (TRAMO 4.5 - Bañal - Uceira)












Pasado o arame, xá non hai nada que vos impida acceder à zona da estrada xeral, pois ( fotos 1 e 2) está libre de pasos.
Chegados a estrada, colleredes a zona verde que tedes de seguido e a continuaredes ate o seu fin (3 e 4) tendo coidado con algún obstáculo como este pequeno buraco neste tramo (foto5)


TRAMO A TRAMO ( TRAMO 4.6 - Bañal - Uceira)













Xa por fin acabada a zona verde (2) , teremos que coller un pequeno tramo da (3) estrada xeral: xustamente 370 m, mais aconsellámos vaiades pegados ó arcén, porque é unha zona curva de pouca visiblidade.
O final bateremos co inicio da estrada cara a Uceira, Dá e o Deveso; a 20 m do seu inicio a mán dereita atoparemos unha cancela (4 e 5) , dende onde parte o camiño cara a aba do Caxado.


TRAMO A TRAMO. (TRAMO 3.7- Bañal - Uceira )













Estas cinco vistas do camiño ( compatible nun cen por cen co Camiño dos Arrieiros) no seu derradeiro tramo antes de chegar o cortalumes, indícannos o bó estado do firme.


TRAMO A TRAMO (TRAMO 3.8- Bañal - Uceira)












A ascensión polo cortalumes da aba do Caxado (foto 3) é bastante forte, aunque o chan está firme, e o xeu carón tén uns fermosos lugares para descansar (foto 1) si non dades subido!
Unha vez arriba, a altura das penas ( fotos 4 e 5), cruzaremos uns arrames e descansaremos nelas contemplando unha fermosísima paisaxe.
O traiecto pola aba leste do Caxado realízase sen problema, non habendo zonas excesivamente encharcadas. Esta cara lesta tén zonas de piñeiros apropiadas para botar un pequeno descanso si apetece.
Diste xeito chegaremos a zona norte, onde empataremos coa estradiña que vai a Poupariña.