Arquivo

martes, 9 de marzo de 2010

TRAMO A TRAMO (TRAMO 4.1- Despóis do Caxado)







Este tramo ofrecíanos dúbidas respecto ó estado do chan e a subida final cara remontar os crestóns. Mais é do máis doado, imos ver:
Unha vez bordeado o Caxado pola sua cara leste, e unha vez que cheguemos o seu norleste, atoparémonos coa estrada que vai a Poupariña, e tomando como referencia o cruce cara o Caxado (foto1), seguirémola ate atopar un claro a dereita (foto2) despóis dunha pequena pontella, por onde internarémonos no piñeiral (3) que temos diante xusto o carón do regato que circula pola nosa dereita (4). Despóis destes pinos seguiremos pola chaira ate atopar a seguinte referencia simbolizada por un pincho dun pino que fica solitario e visible dende o final do piñeiral.


TRAMO A TRAMO ( TRAMO 4.2- Despóis do Caxado)












Unha vez que cheguemos o punto que marcamos como referencia (foto1), representado por un pincho dun pino (moi perto do túmulo nº 19) , observaremos que temos tres posiblidades de remontar os crestóns e acceder a parte alta que chamaremos "atalaia" (foto 2 e 5), dende onde sale o camiño que nos levará a Panda.
O primeiro camiño xá nos leva paseniñamente ate o alto; o segundo vái xa pola parte alta (fotos 3 e 4) , e o terceiro , seguimos pola chaira deixando o pincho atrás, ate chegar o fondo, e logo subir a costa pronunciada.
Tedes en estas tres opcións, tres sendeiros que vos axudarán a subir. Non tén complicación nengunha a pesar da aparatosidade da subida.



TRAMO A TRAMO (TRAMO 5.1- A Portilla da Rega)






Despóis de visitar o Chan de Armada, e de regreso a estrada xeral, iremos canda ela ate bater con unha entrada de pista eólica con o cartel da foto central. Unha vez pasado o primeiro aeroxenerador e antes da curva que dá o camiño abandonaremos este campo a través cara o norde . Daremos de súpeto con dous camiños (foto inferior), colleremos o que baixa. Adentrarémonos nesta chaira da Portilla da Rega de 639 m. na procura dunha pena (foto superior) que queda o oeste e que nos marcará a referencia para atopar a pista que nos levará as Eiroas.

TRAMO A TRAMO. (TRAMO 5. .2.- A Portilla da Rega)


Finalmente atopamos o camiño , que partindo do final da chaira (foto inferior) , váinos levar cara as Eiroas (foto superior). Aunque semi-empedrado, e tér alguns pequenos tramos onde pode haber encharcamento, báixase ben, costa abaixo.
AVANCE DOS SEGUINTES TRAMOS :
O camiño das Eiroas é firme e compacto, e non teremos problema ate chegar o desvio que teremos forzosamente que coller (ante o corte da estrada xeral) cara escoller o sitio indicado para descender a estrada xeral (Suapena) , e dalí, partindo dos crestóns da cruz que están a nosa esquerda, percorrer esa longuísima recta salpicada de túmulos (1 km) ate a casilla do Vidueiro, onde como sabredes, tomaremos a mán dereita unha pista e inmediatamente un carreiro a esquerda que nos levará o alto do Vidueiro-Grandarroiba , onde empataremos cunha pista eólica que nos fará chegar a enorme chaira da Panda da Serra, onde fica o Forno dos Mouros.
O resto non ofrece dificultade, cecáis un terreo un tanto encharcado por estas chairas de A Brúa, Mámoas, Monte e Cruz da Faladoira, ate chegar o Candedo, onde sí que teremos bó firme ate o final do cruce da Pedrafita de Mourás.
Saíndo de Mourás cara a estrada xeral atoparémonos co Lugar de Arriba, dende onde salen estradiñas cara San Martiño e Os Castros, despóis e antes do cruce de Mourás respectivamente.
E polo camiño de frente da Pedrafita, seguiremos avanzando polo Camiño Real dos Arrieiros cara novas metas, mais iso , querida xente; iso , xá é outra historia...

domingo, 14 de febrero de 2010

PRESENTACIÓN RESUMIDA DOS 21 TRAMOS DO CAMIÑO DOS ARRIEIROS


Estanse a abrir os días, e xa andamos facendo pláns para idear saídas a natureza que alivien a nosa vida laboral cotidián.

Tratar de escoller unha ruta que conteña tódolos elementos que necesitamos para encher a nosa creatividade non é doado.

Mais , pensando niso, dende a LIGA CÉLTIGA GALAICA, un ano máis, voltámosvos a propoñer unha ruta histórica moi especial.

Son 40 km con máis de 82 túmulos prehistóricos relacionados e un sinfín de restos arqueolóxicos que siguen agardando intactos o seu descubrimento e dignificación.

Falamos do noso querido e traballado CAMIÑO DOS ARRIEIROS.
Falamos de descubrirnos a nós mesmos como galegos.

Conscentes da dificultade de camiñalo enteiro, e para que sexa divultativo e ameno, o dividimos eses 42 km en 21 tramos de 2 km.

Cada tramo representa un valor, un motivo, un plan preconcebido de búsqueda; en suma, un reto.

A continuación explicarémosvos dun xeito moi sinxelo cada ún deses 21 tramos.

Non vos preocupedes!!, tempo haberá para profundizar en cada ún deles nas moitas entradas que pensamos facer no futuro neste blog.

Mais o esencial é adentrarvos arestora nese mundo mítico do que fora ese ancestral Camiño dos Arrieiros.

Asi que , imos aló!!!

O punto de encontro situarémolo nas” Campeiras”, onde escomeza o Camiño. Para chegar as Campeiras tedes que coller –unha vez entrades na vila das Pontes- a Avda de Ortigueira, (despóis de chegar á céntrica “Plaza do Hospital” que atoparedes según entrades na vila pola Avda de Galicia).
Xá situados na Avda de Ortigueira, pasaredes diante do Axuntamento (que deixaredes á vosa esquerda), e como a 500 m a dereita ollaredes unha casa alongada de planta baixa de cór amarelo.
Xusto despóis dela tedes un cruce que colleredes a dereita, e continuades esa rúa ate o final: xá estades nas Campeiras.
Para os aventureiros , percorreredes a pé o Camiño dos Arrieiros dende a vila de As Pontes ate o Porto de Vares a través das Serras da Faladoira e Coriscada, rememorando aqueles percorridos que noutrora os nosos devanceiros fixeran a prol daqueles intercambios terrestres-oceánicos entre o noroeste peninsulas galaico , as Illas da Britania , a península Armoricán e outras terras . Teredes que pasar noite no camiño, pola altura do Candedo ate o Monte de San Pedro, mais pensamos que iso non importa demasiado se ides ben preparados e dispostos a tér esa vivencia que intuiredes ó comprender a importancia que tivo este ancestal camiño real.
O percorrido que propoñemos non se axusta o do antergo Camiño dos Arrieiros en moitos dos seus tramos, polas moitas vicisitudes que tivo que pasar este traxecto milenario, mais as rutas alternativas que ideamos concorren dentro do espazo territorial do propio Camiño cun marxe de erro de 30-50 m; polo que o percorrido visual pode caracterizarse como o mesmo que percorreron os nosos comerciantes hai máis de 4000 anos.
E xa para terminar esta páxina, dende eiquí propoñemos o seu estudo en profundidade cara ir recuperando para nós mesmos esta xoia histórica e despreciada hoxendía , mais esencial para podermos entender non só as nosas relacións con outros paises , senón tamén, a existencia dese necesario eslabón comercial entre as diferentes trebas territoriais que conformaban o noso territorio galaico.

TRAMO 1.- (2 km) As Pontes- Altos S. Vicenzo, e TRAMO 2 ( 2 km) Altos S. Vicenzo- Cruce Cristo do BAÑ



TRAMO. 1 – AS PONTES. ALTOS DE SAN VICENZO . 2 KM.
As Campeiras- A Magdalena – A Veiga dos Mouros – Brixeo – Seixos – Garabatos – Montes de S. Vicenzo)

Escomenzamos o Camiño pola estradiña asfaltada que tén o seu berce ó final da Rua Covelo, nas Campeiras.
Noutrora na vila a dereita do camiño ficaban as tres primeiras mámoas despóis de pasar a mítica Veiga dos Mouros, no bairro da Magdalena.
Deixamos á nosa dereita unha estradiña que vai ó Brixeo e o seu muiño, e conforme imos gañando altura, entre a toxeira aparécennos diversos restos tumulares a dereita e esquerda.
No seguinte cruce , colleremos a esquerda, deixando unha chaira con visibles túmulos.
Despóis dunha curta baixada a un km máis arriba, atópase unha maxestuosa mámoa a esquerda do camiño con restos tumulares na sua bisbarra inmediata.

TRAMO 2.- ALTOS DE SAN VICENZO- CRUCE KM 26 : A CRUZ DO CRISTO DO BAÑAL. 2 KM

Atravesamos as altas zonas achairadas da Pena da Besta (573m) e deixamos a esquerda o alto de Dozáns (587m) cun sinnúmero de mámoas e antergos camiños.
Xá no cruce do antiguo basureiro de Marraxón (importante lugar arqueolóxico) colleremos a esquerda, onde chegaremos á cruz do Cristo do Bañal, onde empatamos coa estrada xeral a Ortigueira no seu km 26.

TRAMO 3 (1,2,3,4,5,6) (2,3 km) Cruz do Cristo do Bañal - Uceira












Atravesando a estrada, desbotaremos seguir polo espazo intransitábel do propio Camiño dos Arrieiros a mán dereita , collendo como alterenativa o sendeiro que fica enfrente e de seguido chegaremos a un cercado de arame, que sortearemos para seguir subindo tendo como referencia o poste do tendido eléctrico para despois ir seguido a línea (601 m) . De vagar empataremos cun camiño de carro que seguiremos cara a dereita.
Pasado o cruce de Cervicol, a pista continua ate que finalmente deixarémola á mán dereita (cando ésta inicia unha brusca baixada cara u oeste) por un sendeiriño que nos levará directamente ( 4 e 5) de novo a estrada xeral.
Unha vez alí, teremos que subir 250 m pola estrada xeral (zona perigosa de baixada en curva, polo que extremade as precaucións) cara o cruce da estrada a O Deveso, onde a poucos metros a dereita temos detrás dunha cancela o berce dunha pista de terra a dereita , coincidente có camiño real que nos levará o Caxado.