Arquivo

domingo, 14 de febrero de 2010

TRAMO 4 - (1,2,3,4,5) (1´7 km) O Caxado












Como falaramos na anterior entrada, colleremos a pista que tén o seu berce a poucos metros a mán dereita no cruce da estrada que vai a Devesos., a cál a seguiremos nunha suave subida, ate bater co cortalumes.
O Camiño dos Arrieiros vencerá o Caxado (752 m ), pasando pola zona mais suave da sua aba, a rentes, mais hoxe está intransitable (4) e cumrpirá ir pois ascendendo polo cortalumes da aba do Caxado en liña recta en forte subida (3) , ate os murallóns da cresta do Caxado (700 m) . Daquela colleremos un dos sendeiros a nosa dereita para ir bordeando o monte ate o seu final. Esta zona ofrécenos doados lugares con pinos para descansar da subida.
Deixando atrás o Caxado e atravesando a sua estradiña de acceso (660 m ) e a que vai a Poupariña e o Seixo, colleremos un sendeiro monte abaixo a través do lugar da Panda da Cabana, bordeando as crestas cara descender de novo a estrada xeral no cruce da Cruz da Cabana (km 21) .


TRAMO 5 .- (1, 2, 3, 4, 5) ( 1,5 km) A Pena da Loba, A Cruz da Cabana,, As Eiroas















Poupariña –Pena da Loba – Rego de Ouro

Na Cruz da Cabana(4) , o camiño dos arrieiros subirá a dereita ( 5 ) da estrada xeral (A Casilla) en terreo de monte baixo (623 m) , para voltar a cruzar a estrada xeral no lugar da Pena da Loba, para ir a rentes do Chao de Armada cara as Eiroas, pasando pola Portilla da Rega. Como alternativa poderemos seguir pola estrada xeral dende a Cruz da Cabana ate o Chao de Armada, onde a nosa esquerda a rentes dun cruceiro o carón da estradiña que leva a Pereira, internarémonos de seguido a nosa dereita para empatar co Camiño dos Arrieiros , atravesando o Chao de Armada (643 m) - ( na seguinte entrada falaremos da zona arqueolóxica onde todavía érguese con dignidade unha cruz de pedra, sinalizando un lugar de enterramentos), para na Portilla da Rega (despóis de bater cun camiño “eólico”) baixar por un sendeiro de pedras ate empatar co camiño das Eiroas (615 m) , que colleremos cara a dereita.

TRAMO 5.- ( 8, 9, 10 e 11). O Rego de Ouro










Imos facer un alto no camiño para desviarnos un treito no propio Chao de Armada. Naquél lugar colleremos a estradiña asfaltda que alí ten o seu berce que vai a Pereira o carón dun cruceiro (1) ; andarémola perante 2 km ate que atopamos un cruce a dereita sinalizada por unha mámoa. Seguiremos pois a mán dereita ate chegar a unha pequena explanada . A pista sigue cara o alto do Rego de Ouro, mais nós iremos a dereita i entraremos nun campo curiosamente de forma rectangular ( 4 ) susceptíbel de ser un antigo campo de enterramento, - unha zona arqueolóxica onde todavía érguese con dignidade unha cruz (2, 3) de pedra, na sua entrada, sinalizando ese posible lugar de enterramentos. Como pasa na cruz do Cristo da Faladoira, a textura da pedra da cruz déixanos ollar que fora reconvertida dunha pedrafita que gardaba a entrada a este recinto.
De seguido desandamos a pista e voltamos a estrada xeral para desviarnos a poucos metros na seguinte pista eólica, para de novo a poucos metros internarnos a dereita no monte ( batiremos cos restos dun longo muro) . No fondo tén o seu berce un sendeiro de pedras no que baixaremos ate empatar co camiño das Eiroas (615 m) , que colleremos cara a dereita.

TRAMO 6 - ( 2 km) Penamoura - O Vidueiro





Eiroas – Penamoura – Pedrón – Suapena – Vidueiro

A pista de terra que baixa cara as Eiroas, levarános a fermoso lugar de esparcimento (a bisbarra do caserío abandonado é fermosísima, cunha baixada cara o rio ), mais nós seguiremos á esquerda, iniciando unha suave subida , pola que pasaremos o carón da base (1) dun cruceiro desaparecido .
Uns metros máis adiante atopámonos co camiño cortado pola estrada xeral, polo que baixaremos suavemente cara a Pena Moura, abandonando definitivamente o camiño nun treito onde empataremos coa estrada xeral (xusto á beira dun regato).
Chegaremos o lugar de Penamoura e Suapena coa sua cruz no alto das penas para iniciar o percorrido bordeando a estrada xeral ó longo dunha recta de 1 km ate o lugar do Vidueiro.
O carón do caserón ( 2 ) que fica na estrada iníciase unha estradiña con rumbo o Cascón ; collémola ate xusto despóis de pasar unha granxa, onde colleremos un sendeiro a esquerda (Acibeiral) que nos levará (Grandarroiba) cara o alto (604 m) onde fica unha pista eólica (o camiño dos arrieiros seguiría monte a través) . Desandamos esta pista eólica atravesando os lugares de cara o seu final ate empatar coa estrada asfaltada que vai cara a Cascón, Insua e Casateite. Alí a poucos metros empatamos de novo co Camiño dos Arrieiros, cun lugar para lecer a poucos metros mais adiante cuns currais para as bestas.

TRAMO 7 - ( 2 km) 1, 2, 3 e 4 . O Cristo da Faladoira




Tomando como referencia o pequeno curro que fica o carón da estrada a Cascón, e o abeiro dos altísimos crestóns (617 m) , seguimos o desdibuxado sendeiro do Camiño que vai dereito despóis de abandonar o Campo do Bidueiro, a través do monte baixo atravesando pequenos túmulos ate chegar o Forno dos Mouros e as imponentes mámoas que a circundan este lugar da Panda da Serra, formando un importante complexo tumular que vai acompañando o camiño ate o alto do Monte Faladoira.

TRAMO 7- (3,4,5,6) O Camiño no Cristo da Faladoira










Ficamos nunha das zonas máis importantes do Camiño dos Arrieiros,dada a importante envergadura dos seus túmulos nos lugares de Mámoas e A Brúa (590 m).
A Cruz do Cristo da Faladoira fica no ancestral cruce de camiños , hoxe moi deteriorados a esquerda do Camiño dos Arrieiros. Fixádevos que está emplazada xustamente enriba dun túmulo.
Polo tipo de pedra ( coincidente con outras "cruces" desta Serra) , consideramos que fora unha pedrafita bastante importante que ficaba enclavada neste mesmo cruce de camiños, e que posteriormente fora cristianizada, cambiando a sua forma pola dunha cruz, perdéndose así os posibles gravados que podería contér.

TRAMO 8 - ( 2 km) Monte da Faladoira










O Camiño dos Arrieiros fica claro e recuperado con pedrafitas dispostas no seu percorrido a través das importantes mámoas que actúan como referencias.
Así a través das pedrafitas que dibuxan o camiño (1) pasaremos a rentes da garita de vixilancia, no alto do Monte Faladoira (601 m) , cun pequeno espazo de lecer, onde iniciaremos unha suave baixada ate chegar a unha segunda garita de madeira que fica o pé dun camiño eólico que seguiremos cara a estrada xeral de As Pontes - Mañón, onde xusto enfrente tén o seu berce a estradiña asfaltada que nos vai levar o Candedofica o cruce cara o Candedo.
O espazo exacto polo que discurría o Camiño dos Arrieiros sitúase a uns 50 m norte da garita de madeira. Hai poucos anos , denantes de que fixeran a nova estrada , o sendeiro e forma do Camiño era claro e definido neses poucos metros ate a propia estradiña, resurdindo no outro lado da mesma con claridade e baixando cara o Candedo a poucos metros a dereita da sua estrada.