Arquivo

sábado, 13 de febrero de 2010

TRAMO 16. 20, 21, 22 e 23. Baixando por sendeiros









Seguindo fielmente a dirección do Camiño dos Arrieiros, e batindo cortalumes con sendeiros e camiños de carro (1, 2 e 3) chegaremos por fin o pé da estrada Viveiro-Ortigueira. Enfrente está a continuación: Montredónigo.

TRAMO 17.1 - Montedónigo



Si elexides a parte máis próxima o Camiño dos Arrieiros , e máis complicada, baixaredes polos sendeiros, iredes a parar a unha zona da estrada xeral onde xusto enfrente hai parte da antigua estrada, e no seu medio un sendeiro que vos levará a aldeia de Barbeita para despóis subir o Montedónigo. ( 110 m ) Atravesándoo ( fotos 1 e 2 ) acabaredes a menos de 200 m da Igrexa de Mogor. Utilizando ésta como referencia, abandonamos provisionalmente a zona do Camiño dos Arrieiros na procura de ir cara o Instituto do Barqueiro. Unha vez diante dél, subiremos pola pista que nos conducirá a entrada da mina.

TRAMO 17.2 - - Mogor e O Barqueiro





Vista de Mogor (1), o lugar onde supoñemos que pasaba o Camiño dos Arrieiros e que fora cortado pola via férrea ( 2) e a subida do Camiño cara as Pedras Cañoles (3). Hoxendía estes sendeiros están completamente desbotados.
Pero vaiamos por partes: centremos como referencia a Igrexa de Mogor. A poucos metros cara a saída do camiño por Montedónigo, éste córtase definitivamente por varias causas: encharcamento do terreo, via ferrea e Mina. Polo tanto compre idear alternativas .

A máis audaz: botades a andar cara a Hermida de Santa Rosa. Alí hai un sendeiro que sube cara a mina. Atravesándoa chegaredes a empatar co CR do Barqueiro.

A máis aventureira: Dende a praia de Esteiro no seu final subiredes por un carreiro marcado cara a mina, e dalí subiredes directamente o CR do Barqueiro.

A máis doada: Dende a Igrexa iredes por pista asfaltada cara o Instituto do Barqueiro, e dalí a entrada da mina. Xusto na entrada seguiredes –sin entrar na mina para nada- a dereita un sendeiro que vos levará por pistas parellas á mina o CR do Barqueiro.Seguindo o CR do Barqueiro, chegaredes a empatar co CR dos Arrieiros xusto no chamado Campo do Tesouro, noutrora lugar sagrado e tumular. Hoxe cheo de cortalumes i esquecemento.

TRAMO 18- 1 e 2- ( 2 km ) - Interrupción pola Mina.





Temos ubicado o Camiño dos Arieiros xusto na parte máis elevada do desmonte da mina (1). Daquela tivemos que facer uso auxiliar do Camiño Real ( 2 e 3) do Barqueiro, que confluía co Camiño dos Arrieiros no Campo do Tesouro.

TRAMO 18- 3, 4, 5 e 6 - ( 2 km ) - Pedra Cañoles, o Campo do Tesouro









Unha vez no alto da mina , empataremos co Camiño Real do Barqueiro (1) . Seguindo éste en dirección oposta ó Barqueiro e cara o mar, chegaremos a unha chaira chamada “O Campo do Tesouro”. Alí bateremos un pouco máis adiante co Camiño dos Arrieiros , cortado no borde do precipicio da mina (antes da existencia da mina, o Camiño subia a través das enormes Pedras Cañoles, hoxe desaparecidas pola acción da propia mina . Podemos subir con él a aba ate a Chaira da Caldeira. fotos 3 e 4).
Recordamos un enorme grupo de mámoas (2) que fican no propio Campo do Tesouro, hoxe infelizmente alteradas por inoportunos cortalumes que destrozaron a bisbarra das mámoas catalogadas, senón na sua subida a Chaira da Caldeira, con un bó número de restos arqueolóxicos.
Tal e como decíamos, o Camiño dos Arrieiros unha vez no Campo do Tesouro, baixaba polas Pedras Cañoles, ate chegar a rentes da da Ermida de Santa Rosa, atravesando a chaira de Mogor ate o outeiro de Montedónigo, mais hoxendía todo está definitivamente rachado pola Mina, as vias do tren e a zona encharcada de Mogor.

TRAMO 19 . 1 - ( 1 km ) Chan da Caldeira e Facho Maeda




Retomando o Camiño dos Arrieiros, subiremos e iniciaremos a travesía do Chao da Caldeira ate chegar ó Facho Maeda, no outro extremo do Chan da Caldeira, lugar que comunicaba con o seu homónimo na Serra da Capelada para transmitir sinais mediante o lume.
Ollamos na foto 1 unha vista do outeiro sacro do Chan da Caldeira, e na foto 2 o lugar do "Castelo", promontorio que fica o carón da Chaira da Caldeira, susceptíble de tér sido un asentamento.

TRAMO 19 . 2 - O campo arqueolóxico do Chan da Caldeira



Dous exemplos moi claros do que constituie todo un campo arqueolóxico totalmente esnaquizado nos derradeiros catro anos, e que seguirán facéndoo se non se lle pón coto. Estos pequenos habitáculos fican a poucos metros dunha grande i especial pena-marco visible dende Bares.