Arquivo

sábado, 13 de febrero de 2010

TRAMO 19 . 3, 4, 5 e 6 - O Chan da Caldeira










Absolutamente tódalas chairas foron nalgun intre da sua historia lugares especiais. A enorme chaira da Caldeira é un dos enclaves arqueolóxicos máis importantes do Camiño dos Arrieiros. As suas mámoas fican visibeis e fortes ó longo do camiño, ampliado a modo de paso de carro.
Nas fotos 3 e 4 ollamos a sua parte final. E se vos vixades na ampliación da chaira (foto 4) ollaredes unha mancha verde no seu centro, que describindo un circulo.
As gratas sorpresas que levamos nesta chaira corren inversamente proporcionais dos disgustos que nos meten no corpo o descubrir os continuos cortalumes feitos sen mirar por ónde, ou as estacas de madeira con marcas, compatible todo isto con unhas acotacións feitas para destiñar esa chaira cara a ubicación dun parque eólico de non máis de oito muiños dunha empresa de perto. Crreemos que este parque fora desbotado con razón polo goberno bipartido da Xunta de Galicia; agora xá non estamos moi seguros. Desde logo esto sería unha auténtica aberración e un claro atentado non xá contra o parimonio senón contra o medioambente, atentanto eles mesmos contra as propias condicións impostas polas autoridades para a sua ubicación.

TRAMO 20. 1 e 2 - ( 2 km) - As Mamoelas




Iníciamos a baixada do Chan da Caldeira atravesando a zona das Mamoelas, e os enormes Cons da zona que fican a mán dereita. A baixada tórnase penosa pola cantidade de pena solta neste tramo do camiño reconvertido na clásica pista para tractores. Un pouco máis abaixo o asfalto suaviza un pouco a baixada.
Ben podemos ir directos ó cruce da estrada cara Vares para empatar na sua parte oposta con a continuación do Camiño polos cotos do Campelo, ou ben desviarnos por un camiño de terra que surdirá a nosa esquerda cara a Vila de Vares, ( foto 2) onde unha fonte de boa auga argardarános.

TRAMO 21. (2km) 1, 2, 3 e 4.- O Campelo









Atravesarémola estrada cara Vares e colleremos xusto enfrente unha pista de terra que baixando atravesará o noutrora mítico Campelo, nos seus eucaliptais cara o lugar da Igrexa, na Praia de Vares. No medio deste monte teremos tamén un camiño de terra a esquerda que nos levará tamén a Igrexa da Vila de Vares.

TRAMO 21.5, 6 e 7.- Chegando o mar






Pódese decir que é o intre máis fermoso do percorrido do Camiño dos Arrieiros: o agardado contacto co mar. O camiño bordea a praia para vadear un pequeno regato , (ollade o seu lavadoiro recuperado) onde outros camiños provintes do lugar da Vila de Bares, sáenlle o encontro, ate confluir na chamada "Igrexa", noutrora centro de culto, asentamento, mansión román, Igrexa e cemiterio. Este lugar merecía máis protección da que tén; pois fica abandoado a mercede da escavación furtiva de calquer desaprensivo. En todo caso, este lugar fora unha clara referencia para os Arrieiros que desembocaban no areal de Vares.
Hoxendía, o tramo do camiño de saída no areal fica marcado por grandes pedras, mimado polos indíxenas (que protestaron vivamente cando algunha autoridade quixo cegar esta salida natural do camiño non ha moitos anos) e recuperada a sua dignidade ancestral.

TRAMO 21.8 e 9 O Coido de Vares



Chegamos o final do traxecto. Penetrando pola praia da "Igrexa", achegámonos o importante centro que noutrora fora o povoado do porto de Vares, coas suas factorias de baleas, e outras clases de industrias o pé do seu coído ancestral.
Aunque os libros o definan modestamente como peirao fenicio, nós sostemos que o porto é moito máis antigo. Os fenicios, igual que Pescanova non foron máis que mercaderes que estableceron as suas colonias comerciais naqueles lugares, cuias coordenadas marítimas servíanlles de referencia para os seus traxectos marítimos, como está claramente definido este porto ancestral, inxustamente esquecido e ninguneado, mais que conserva durmindo baixo o seu chan os referentes testemuñais que darán algún dia moitas respostas a aquelas preguntas que moitos historiadores que non queren remover demasiado a historia, se negan a facer.
Pero voltemos o noso Camiño dos Arrieiros: unha vez na praia de Vares, atravesarémola ate chegar o Coido, punto final do Camiño dos Arrieiros e punto de inicio cara o Camiño Atlántico que levarános ás brumosas terras do norte céltigo da península de Armórica (Bretaña/Breizh), Cornubia (Cornualles/Kernow), Cambria (Cymru), Irlanda (Eire), Escocia (Alba) as suas illas e a Bretaña insular.

TRAMO 21.10 O asentamento da Estaca de Vares


Tódolos camiños levan o mar.

Tal e como adéntrase o Camiño de Santiago no mar fisterrán, o Camiño dos Arrieiros lévanos cara as propias referencias oceánicas marcadas polos nosos ancestros, cara outros mundos povoados alén do mar galaico: Armórica, Eirin, Kernow, Cymru agardan impacientes polo material que , provinte do noroeste peninsular, e a través dos seus históricos camiños, que, confuindo na cunca do Eume, o carón do outeiro sacro da Mourela,; emprenden o camiño único dos Arrieiros a través das chairas da Serra Faladoira e Coriscada cara o porto ancestral de Vares, punto de reunión final , para emprender outros tramos do camiño, tramos oceánicos, cambiando de medio e de método, pero cun mismo desexo: facer chegar as mercancías que tiveran o seu berce nas terras do interior ou da costa galaica o alén das terras céltigas do norde.

Vares, como lugar de paso deste intenso comercio marítimo-terrestre, estaba densamente povoado , con as suas atalaias de vixiancia, tal e como podemos resumir o asentamento antergo que fica no propio promontorio final da península. Partes das suas murallas e o foso están á vista de todos. O pétreo camiño que penetra ate o corazón da "estaca" é toda unha referencia. Pouco sabremos desa atalaia, antecastro, etc. se non se estuda. Estamos convencidos que faráse todo iso e aínda máis. A enorme chaira que garda o faro vai ser a referencia dos vindeiros anos para podermos definir esas relacións oceánicas que a través do porto de Vares e do Camiño dos Arrieiros deu lugar os contactos entre as nación céltigas do norde e o noroeste peninsular das terras galaicas.

sábado, 30 de enero de 2010

ESCOMENZAMOS UNHA NOVA ETAPA


Dentro da xá xeral renovación da LIGA CÉLTIGA GALAICA , que a partires da sua XIV Asembleia estáse escomenzando a notar en moitos eidos, o noso querido e xá famoso CAMINHO DOS ARRIEIROS non ía quedar atrás.

É a nosa vontade revitalizar os traballos feitos ate o dagora ampliando o xá de por sí extenso traballo realizado a través dos moitos anos que andamos investigándoo.

Como todos sabredes, o CAMINHO DOS ARRIEIROS é unha das poucas testemunhas que nos ván quedando das influencias que as nosas trebas do noroeste peninsular tivemos cos povos irmáns no Atlántico.

As Serras da Faladoira e da Coriscada, a extensa chaira de Vares, as terras altas de Bares, a mítica e sacra chaira da Caldeira, a Pena Moura, a Pena Blanca foran testemunhas do paso de persoas e obxetos da vecinha Cambria, dos Bretoes insulares, nos vellos Irlandeses...cara a famosa cunca do Eume, onde na enorme, mítica , famosa e forte necrópolis da Mourela o caminho dos Arrieiros dividíase en outros que ían ate a Brigantia ou cara a Chaira lucense...

Houbo un dia en que partíuse de cero . Don FEDERICO MACINHEIRA fora o innovador e artífice de moitas empresas que sin él, hoxendía teríase caido completamente no esquecemento.

Houbo un dia en que retomóuse todo ese caminho por parte da Asociación Caminho dos Arrieiros das Pontes, para o final tér que collera a testemunha a propia LIGA CELTIGA GALAICA, da que intentamos establecer pontes entre o feito e o futuro , ilusionando se cabe as novas xeracións a que siguan adiante co proxecto, xá de por sí ilusionante.

En canto a este blog ,relatámosvos ate o dagora , un pouco en plan familiar, ou pouco en plan aventura, os nosos devatares por uns cantos tramos do caminho na derradeira semán santa.

Nos vindeiros meses proponhémonos ir retomando absolutamente tódolos tramos escomenzando dende o principio, para que familiarmente vos vaia quedando na cabeza cada tramo do mesmo, con ánimo de engaiolarvos con a sua historia , paisaxe e percorrido.