Arquivo

martes, 14 de abril de 2009

Semán Santa 2009 (6) .- O REGRESO



Na foto podemos apreciar as duas únicas mámoas recuperadas de todas as máis de 82 existentes ó longo do Camiño dos Arrieiros.


Os outros nove kms de regreso foron un pouco máis doados, custa abaixo, ate o tramo de subida dende o Cristo de Mouraz ate os Muros de Chao, tendo enriba que afrontar os cortes na pista e fora dela, por un sinnúmero de pinos abatidos.

Acusando o cansancio de quén nos derradeiros anos non está afeito as grandes camiñadas, pero quente e bén protexido , chegamos sobor das sete da tarde o pico da Coriscada onde descansamos, ceamos e proseguimos xá no coche, un breve camiño de recoñecemento da zona; desistindo de investigar unhas fortes pedras que fican na baixada de Muros de Chao ante a presencia intimidadora do famoso can – vixiante da estación eólica (agora os das eólicas ate nos coartan a liberdade de pisar un camiño público!!) que seguía por alí.

Semán Santa 2009 (6) .- 1 Chegamos o Monte Blanco!!



Foto: A Fonte na chaira do Monte Blanco

Seguindo viaxe ate o Cruce de San Pedro; onde os emplazamentos de madeira e metal alí situados con referencias dos lugares faltáballes os paneis explicativos, igual que os postes que sinalizaban o Camiño dos Arrieiros: igualmente desaparecidos.
Deixamos o cruce atrás, e seguimos polo sendeiro original do Camiño a bater as duas mámoas recuperadas (igualmente sen paneis explicativos no seu soporte de metal) , parando por fin para pasar noite na chaira do Cristo da Pena Blanca, lugar enigmático hoxe ninguneado. O cruceiro do Cristo fica desaparecido, o seu fuste roto e toda a construcción destruida dende hai anos.
Na incursión feita o dia seguinte atopamos perto dunha fonte (a uns 50 m da chaira) os restos dunha pedrafita.

Semán Santa 2009 (6) .- 2- O Cristo do Monte Blanco


Así chamábanlle o cruceiro que sinalaba un lugar moi especial o pé do monte Blanco. Hoxe só fican estes restos.

Semán Santa 2009 (6) .- 3- A mítica Pena Blanca abandoada



Foto.- Outro panel desaparecido o pé dos túmulos máis preciados da mítica Pena Blanca.

Subimos a mítica Pena Blanca para recordar de novo a ubicación dos túmulos, os fortes murallóns de penas que separan ambolosdóus outeiros, as enormes pozas, as singulares marcas nas pedras e como contraste xeral, o desinterés amosado polas autoridades en mantér a dignidade do sitio, o non repoñer tan só os letreiros que fican o pé dos túmulos.

Seguindo viaxe, chegamos o seguinte outeiro, o Galiñeiro, onde fica o miradoiro onde perante anos levabamos as nosas amizades para amosarlles unha enorme panorámica tanto dos meandros do rio Sor, como das fermosas vistas do Cabo Ortegal, A Capelada, a península de Vares, o Viñedo, o Xistral na lonxanía… e relatarlles simbólica e resumidamente a historia do Camiño dos Arrieiros.

Hoxe non poderiamos volve-lo a facer, e moito menos levar alí a ninguén: tórnase peligrosos subir o armazón de madeira do miradoiro: na escaleira de madeira de acceso fáltalle un escalón, e non tén consistencia segura o piso interior da plataforma , faltándolles xá algunhas táboas.
Tamén desaparecéu o contido dos paneis explicativos.

Semán Santa 2009 (6) .- 4- Os Paneis do Miradoiro


Cómo se pode explicar que un lugar tan maravilloso e dende o cál a vista é fermosísima poida tér un abandono tan escandaloso?? Estos artefactos antes eran paneis explicativos...

Semán Santa 2009 (6) .- 5- O Miradoiro


Vista xeral do miradoiro do Galiñeiro. Sin mantemento augurámoslle un deterioro tranquilo e acentuado... si non ocurre ningunha desgraza, claro!!

Semán Santa 2009 (6) .- 6- O Miradoiro


Detalle da escaleira de acceso o miradoiro. Fáltalle un escalón... e para máis coña, o de arriba!!