Arquivo

sábado, 13 de febrero de 2010

TRAMO 21.8 e 9 O Coido de Vares



Chegamos o final do traxecto. Penetrando pola praia da "Igrexa", achegámonos o importante centro que noutrora fora o povoado do porto de Vares, coas suas factorias de baleas, e outras clases de industrias o pé do seu coído ancestral.
Aunque os libros o definan modestamente como peirao fenicio, nós sostemos que o porto é moito máis antigo. Os fenicios, igual que Pescanova non foron máis que mercaderes que estableceron as suas colonias comerciais naqueles lugares, cuias coordenadas marítimas servíanlles de referencia para os seus traxectos marítimos, como está claramente definido este porto ancestral, inxustamente esquecido e ninguneado, mais que conserva durmindo baixo o seu chan os referentes testemuñais que darán algún dia moitas respostas a aquelas preguntas que moitos historiadores que non queren remover demasiado a historia, se negan a facer.
Pero voltemos o noso Camiño dos Arrieiros: unha vez na praia de Vares, atravesarémola ate chegar o Coido, punto final do Camiño dos Arrieiros e punto de inicio cara o Camiño Atlántico que levarános ás brumosas terras do norte céltigo da península de Armórica (Bretaña/Breizh), Cornubia (Cornualles/Kernow), Cambria (Cymru), Irlanda (Eire), Escocia (Alba) as suas illas e a Bretaña insular.

No hay comentarios: