Arquivo

sábado, 13 de febrero de 2010

TRAMO 21.5, 6 e 7.- Chegando o mar






Pódese decir que é o intre máis fermoso do percorrido do Camiño dos Arrieiros: o agardado contacto co mar. O camiño bordea a praia para vadear un pequeno regato , (ollade o seu lavadoiro recuperado) onde outros camiños provintes do lugar da Vila de Bares, sáenlle o encontro, ate confluir na chamada "Igrexa", noutrora centro de culto, asentamento, mansión román, Igrexa e cemiterio. Este lugar merecía máis protección da que tén; pois fica abandoado a mercede da escavación furtiva de calquer desaprensivo. En todo caso, este lugar fora unha clara referencia para os Arrieiros que desembocaban no areal de Vares.
Hoxendía, o tramo do camiño de saída no areal fica marcado por grandes pedras, mimado polos indíxenas (que protestaron vivamente cando algunha autoridade quixo cegar esta salida natural do camiño non ha moitos anos) e recuperada a sua dignidade ancestral.

No hay comentarios: