Arquivo

miércoles, 9 de noviembre de 2016

Entrando en materia: As cruces do Camiño dos Arrieiros





As cruces dos camiños polos que circunda o noso Camiño dos Arrieiros , tamén chamados "Cristos", foran unha reconversión das antergas pedrafitas que achantábanse, como xá é tradicional, o carón dos cruces de camiños. 
Sabido é  que unha flotilla de cregos e canteiros pagados pola Igrexa foran dun recuncho a outro polo noso noroeste peninsular para "cristianizar" todo elemento pagano que estivera desprotexido, e que non ocasionara liortas cos nativos, pois é sabido tamén que estes " restos paganos" foran reutilizados por éstos ben  para fines domésticos ou ben para delimitar as suas fincas.
Asi pois toda pedrafita que atopaban, aparte de cortala para que non trascendera a sua altura coa divinidade cristián que elos protexían; aparte de deixala a un tamaño eclesiásticamente  modesto, a rebaixaban ate conquerir a forma da cruz típica , simbolo da cristiandade.
No Camiño non quedan moitas cruces, algunhas de elas xá en proceso de destrucción polo seu abandono declarado . Era sabido que o noso Camiño dos Arrieiros estaba moi ben indicado, porque a cada  recuncho , unha pedrafita indicaba o sendeiro marcado e abrigado que daqueles tempos identificábase con o noso camiño primitivo que andamos a estudar e que nas paxinas deste blog reflexamos os seus 42 km tramo a tramo. 
Esta cruz que fica o carón da estrada a altura da Pena da Loba, está o inicio da estradiña que nos achegará ate o Chan de Armada  cara as Eiroas. 
Emblemática cruz ( o parecer, rebaixada dunha pedrafita), situada a rentes do camiño de entrada dunha posible necrópolis no Chao de Armada 
Cerca de trinta  anos distan entre estas duas imáxenes da mesma cruz.
A lenda viva do enigmático CRISTO DA FALADOIRA, outra reconversión dunha pedrafita; coa salvedade que está chantada xusto enriba dun túmulo, a rentes dun cruce de camiños.

Cruz da Cabana, a rentes da estrada; supoñemos erixida por algun suceso automobilístico, polo que a sua  historia é recente.







No hay comentarios: