Arquivo

sábado, 8 de mayo de 2010

Roteiro 2010. Segunda Etapa. INTRODUCCIÓN








Con duas semáns de retraso colgamos os feitos e sucesos varios desta segunda etapa do roteiro polo noso mítico Camiño dos Arrieiros:
a colocación da pedra do Miraz,
a Mámoa de Barreiros, a primeira vista da Capelada,
a sensación do mar que che envolve, o barreño de auga camuflado,
o xantar no cristo esnaquizado, o museu da Pena Blanca,
oteando os pinchos do Picón dende a pena histórica do Chan da Caldeira
as palabras dadas na Chaira do Tesouro
os interiores do enorme povoado do Caserío de Munín
as palabras que pronunciaron os nosos compañeiros diante dos sitios emblemáticos do Camiño,
o propio camiño que nos fixo soñar ,
o coñecernos,
as fotos de Hugo Arias, que ilustran moitas pasaxes destas entradas.
a experiencia de Xose Maria e o grupo da Defensa do Patrimonio das Pontes
o paciente conductor do bus
o interese de Carmen de Hume
a paciencia o atravesar-la mina
a paciencia o non irlle a chepa ó coñecedor do camiño por non agardar os da retaguardia
a paciencia polos erros no Campelo
e sobre todo, a chegada a praia de Vares... toda unha antoloxía, todo un poema sen escrita.
Alí a paciencia quedóu reconvertida
en moitos pés libres de ataduras camiñando pola area
ou pola auga
E os cañóns de cervexa que tomamos alí para celebrar o encontro!!!
Dende a Liga Céltiga Galaica queremos agradecer a Asociación pola Defensa do Patrimonio das Pontes os seus desvelos, traballo, interese e xenerosidade; témosvos que decir, irmáns, que sodes os millores compañeiros que calqueira pode atopar!!
Tamén é para agradecer o interese posto por todas e todos os que viñeron a percorrerte, meu querido Camiño dos Arrieiros, porque sabemos que tés novos amigos que velarán nese futuro incerto polo teu porvir e que o teu exemplo nunca, nunca sexa esquecido.
A todos que puxeron o millor de sí - acordámonos especialmente de tí, Hugo Arias, creador de imáxenes!!- para o interese colectivo.
Por todos vós vai o noso agradecemento!!
No nome do noso povo...
Moitísimas grazas por estar ahí!!

As segundas partes sí que foron boas

No hay comentarios: