Arquivo

sábado, 13 de febrero de 2010

TRAMO 19 . 3, 4, 5 e 6 - O Chan da Caldeira










Absolutamente tódalas chairas foron nalgun intre da sua historia lugares especiais. A enorme chaira da Caldeira é un dos enclaves arqueolóxicos máis importantes do Camiño dos Arrieiros. As suas mámoas fican visibeis e fortes ó longo do camiño, ampliado a modo de paso de carro.
Nas fotos 3 e 4 ollamos a sua parte final. E se vos vixades na ampliación da chaira (foto 4) ollaredes unha mancha verde no seu centro, que describindo un circulo.
As gratas sorpresas que levamos nesta chaira corren inversamente proporcionais dos disgustos que nos meten no corpo o descubrir os continuos cortalumes feitos sen mirar por ónde, ou as estacas de madeira con marcas, compatible todo isto con unhas acotacións feitas para destiñar esa chaira cara a ubicación dun parque eólico de non máis de oito muiños dunha empresa de perto. Crreemos que este parque fora desbotado con razón polo goberno bipartido da Xunta de Galicia; agora xá non estamos moi seguros. Desde logo esto sería unha auténtica aberración e un claro atentado non xá contra o parimonio senón contra o medioambente, atentanto eles mesmos contra as propias condicións impostas polas autoridades para a sua ubicación.

No hay comentarios: