Arquivo

sábado, 13 de febrero de 2010

TRAMO 16- 7, 8, 9, 10 e 11 - Dende o Galiñeiro ate o repetidor













foto 1.- Nesta vista xeral, vemos a esquerda a unión das duas estradiñas: a nosa de terra e a que vai dende O Barqueiro a Mañón polo interior. No fondo , na zona arbolada apréciase o punto onde situamos as tres mámoas , lugar de referencia do Camiño dos Arrieiros.
foto 2.- Imaxe do Camiño dos Arrieiros que vai á altura do Galiñeiro, unha vez que se situa na dus esquerda, discurre parello e o carón da estrada de terra antes de internarse cara o monte cara as tres mámoas.
foto 3.- Chairiña interior perto das mámoas.
foto 4 e 5 .- O repetidor fica o carón da estradiña asfaltada que sube dende O Barqueiro a Mañón.
Ben, preséntasenos duas alternativas para baixar a estrada Viveiro-Ortigueira e deixar definitivamente esta cadea montañosa que nos véu acompañando dende que saíramos das Pontes:
A primeira e máis doada: baixar pola estradiña asfaltada que nos vai deixar no Barqueiro, e unha vez alí , dirixirnos cara o Instituto , onde colleremos a estrada de subida cara a mina de Cañoles.
A segunda, máis fiel co camiño pero máis complicada, posto que o camiño como tal desaparece entre a maleza e teremos que baixar collendo sucesivos ramais de cortalumes, sendeiros e pistas, que nos deixará o pé do Montedónigo.

No hay comentarios: