Arquivo

sábado, 30 de enero de 2010

ESCOMENZAMOS UNHA NOVA ETAPA


Dentro da xá xeral renovación da LIGA CÉLTIGA GALAICA , que a partires da sua XIV Asembleia estáse escomenzando a notar en moitos eidos, o noso querido e xá famoso CAMINHO DOS ARRIEIROS non ía quedar atrás.

É a nosa vontade revitalizar os traballos feitos ate o dagora ampliando o xá de por sí extenso traballo realizado a través dos moitos anos que andamos investigándoo.

Como todos sabredes, o CAMINHO DOS ARRIEIROS é unha das poucas testemunhas que nos ván quedando das influencias que as nosas trebas do noroeste peninsular tivemos cos povos irmáns no Atlántico.

As Serras da Faladoira e da Coriscada, a extensa chaira de Vares, as terras altas de Bares, a mítica e sacra chaira da Caldeira, a Pena Moura, a Pena Blanca foran testemunhas do paso de persoas e obxetos da vecinha Cambria, dos Bretoes insulares, nos vellos Irlandeses...cara a famosa cunca do Eume, onde na enorme, mítica , famosa e forte necrópolis da Mourela o caminho dos Arrieiros dividíase en outros que ían ate a Brigantia ou cara a Chaira lucense...

Houbo un dia en que partíuse de cero . Don FEDERICO MACINHEIRA fora o innovador e artífice de moitas empresas que sin él, hoxendía teríase caido completamente no esquecemento.

Houbo un dia en que retomóuse todo ese caminho por parte da Asociación Caminho dos Arrieiros das Pontes, para o final tér que collera a testemunha a propia LIGA CELTIGA GALAICA, da que intentamos establecer pontes entre o feito e o futuro , ilusionando se cabe as novas xeracións a que siguan adiante co proxecto, xá de por sí ilusionante.

En canto a este blog ,relatámosvos ate o dagora , un pouco en plan familiar, ou pouco en plan aventura, os nosos devatares por uns cantos tramos do caminho na derradeira semán santa.

Nos vindeiros meses proponhémonos ir retomando absolutamente tódolos tramos escomenzando dende o principio, para que familiarmente vos vaia quedando na cabeza cada tramo do mesmo, con ánimo de engaiolarvos con a sua historia , paisaxe e percorrido.

No hay comentarios: