Arquivo

martes, 14 de abril de 2009

Semán Santa 2009 (4) .- O Cristo de Mouraz e o Candedo


Forte túmulo nos Muros de Chao


Noutrora bosque fermosísimo de pinos, hoxe pelado con o chan lamoso, adivinanse unha apresurada tala e recolleita deles, deixando tras sí un lugar inhóspito.
No seu cruce, o Cristo de Mouraz, simbolizado pola pedrafita sinalizadora (onde na sua base sentábanse a xantar os catro curas de Mañón, Grañas, Devesos e Couzadoiro) das catro parroquias.
Entristecido polo brusco cambio da paisaxe, púxenme andar cara o Candedo. Non tén perda: o Camiño dos Arrieiros vai a rentes ou coincide con a longa e recta pista que leva ate o Candedo. Son dous tramos rectos , libres de muiños eólicos, en subida permanente bordeados de enormes túmulos, e con bó sitio para entoldar , aunque a desfeita do vendaval alí tivo a sua presenza con multitude de pinos arrancados do chan .
Este recto sendeiro acorta con moito o traxecto ate o Monte Faladoira con respecto a estrada xeral, aunque é un tramo intransitable para os coches, polas partes profundamente enlodadas do mesmo.
Mais si queredes entoldar e pasar a noite alí, cousa que recomendo os que querades facer o Camiño dos Arrieiros en dous dias; e tamén se o preferides, teredes que traer cara alí mesmo un coche de reforzo a través do cruce do Cristo de Mouraz, que empata moi ben coa estrada xeral, e logo seguir con senditiño a pista ate os pinares a 1,5 km.
O sol ía saindo e ún tivo que quitarse de encima algunhas prendas: xa levaba apartada nunha bolsa de plástico a capelina (sempre a mán, porque no intre menos preciso , pónse a chover de novo). Ía calor, aunque non para confiarse . A nosa dereita , a paisaxe é fermosísimo.
O final , o rectilíneo camiño real de 2,5 km empata con unha estrada asfaltada que nos vai levar a través e 1,5 km, a estrada xeral, atravesando por un caserío. Mais si queredes seguir sendo fieis o Camiño dos Arrieiros, non tedes mais que seguir subindo e ir pola pista dos muiños eólicos (que coincide co Camiño Real) ate o seu fin.
Chegamos un pouco cansos ó cruce, empatando coa estrada xeral das Pontes a Mañón . Levamos percorrido 7 km. Era perto da unha da tarde.

No hay comentarios: